1. Adicación Parcial e a súa retribución:
-Cargo de Alcaldesa-Presidenta, desempeñado por Dna. PURA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ; cunha adicación mínima semanal de 20 horas, e cunha retribución mensual líquida de 1.138,03 €, distribuida en 12 pagas ó ano.
As retribucións serán actualizadas anualmente e con efectos do primeiro de xaneiro de cada exercicio, nun importe igual ó IPC correspondente; asumindo a Corporación a cota empresarial que corresponda pola súa alta no Réxime Xeral da Seguridade Social.
2. Réxime de asistencias ós membros da Corporación pola concurrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados:
- Por Pleno: 117,65 € brutos por sesión.
Por asistencia á Comisión Especial de Contas: 117,65 € brutos por sesión.
No caso de asistencia a máis dunha sesión dos órganos colexiados que se celebren o mesmo día, sempre que se convoquen con menos dunha hora de diferencia entre unha e outra, sólo se terá dereito á percepción do importe da asistencia dunha delas.