O Teatro Principal de Ourense acolle mañá martes, 26 de xuño, ás 21.00 horas, a XV gala benéfica da Escola de música Beito Blanco, que este ano está dedicada ao apoio á infancia e familias en crise, coa colaboración da Cruz Vermella de Ourense.

Na actuación participarán alumnos e profesores de canto e distintos instrumentos musicais da Escola de música Bieito Blanco. A venda anticipada de entradas para a función está dispoñible na Escola Bieito Blanco e na taquilla do teatro o mesmo día da actuación, de 11:00 a 13:30 horas, e unha hora antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 7 euros.